Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

Fields of Athenry, The Dubliners



Xunto ao muro dunha prisión solitaria, sentín unha moza chamar:
“Michale, leváronte do meu lado
Por roubares o millo de Trevelyan
Para que o teu fillo puidese ver o mañá
Agora un barco de prisioneiros agarda na enseada”

Atrás fican os campos de Athenry
Onde unha vez vimos os paxariños voar ceibos
[Público: “Oh nena, deixa os paxaros voar ceibos!”]
O noso amor tiña asas
[Público: “Sinn Féin!”]
Tiñamos soños e cancións que cantar
[Público: “IRA!”]
Canta soidade nos campos de Athenry!

Xunto ao muro dunha prisión solitaria, sentín un mozo chamar:
“Nada importa, Mary, cando ti estás libre
Contra a fame e a Coroa
Rebeleime e prendéronme
Agora ti debes criar o nosos fillo con dignidade”

Atrás fican...

Xunto ao muro dun peirao solitario, viu a última estrela desaparecer
Mentres o barco de prisioneiros afastábase no ceo
Ela viviu agardando e pregando polo seu amor en Botany Bay
Canta soidade nos campos de Athenry!

Atrás fican...